viernes, 15 de junio de 2018

MARCELLE!

Este mércores realizamos a saída fin de curso a Marcelle! Alí, xunto co guía Pequeño Castor, descubrimos unha morea de animais. 
Como había moitos grupos de nenos e nenas, o Pequeño Castor púxolle o nome dun animal ao noso grupo. Éramos os "Muflones".

E aquí unhas poucas fotografías!





jueves, 31 de mayo de 2018

PREPARAMOS MACEDONIA

Hoxe convertímonos en cociñeiros para preparar unha merenda saludable. Grazas ás familias que aportaron diferentes froitas, fixemos unha macedonia.
Primeiro observamos a froita que iamos empregar e escribimos o seu nome na pizarra.


E logo comezamos mans á obra! 




miércoles, 30 de mayo de 2018

LIBRO "SOMOS HORTICULTORES"

Grazas á colaboración das familias aportando sementes e información sobre cada unha delas, elaboramos un libro onde quedan recollidos os nomes e unha mostra das semenetes plantadas, así como fotografías do proceso do noso horto.




ABANICOS DE FLORES!

Fai tempo, realizamos estes abanicos con papeis de cores. Logo, empregando unhas plantillas, realizamos as flores.
Quedaron ben bonitos!


martes, 29 de mayo de 2018

COIDAMOS O HORTO

Hoxe, despois do recreo de mediodía, fomos ao horto arrincar as malas herbas e a transplantar unhas leitugas que tiñamos nos semilleiros!


CELEBRAMOS OS MAIOS!

Onte foi un día esperado pois saímos ás rúas de Viveiro con outros colexios da contorna para celebrar os "Maios" dentro do programa Voz Natura "Espertando o maio". Con sombreiros cheos de flores, saias floreadas e uns paraugas do máis coloridos inundamos Viveiro! Para rematar o encontro, concentrámonos na plaza e cantamos a canción popular "O Maio".


viernes, 25 de mayo de 2018

XOGAMOS COS NOSOS NOMES! ACRÓSTICOS!

Incorporamos este xogo á asamblea! Co nome do encargado/a realizamos un acróstico co seu nome!
Gústanos moito!