martes, 28 de mayo de 2019

FERMOSO DÍA!

Hoxe saímos de excursión, a primeira saída da clase dos azuis. Que ben o pasamose! Visitamos “ Vida de Aldea” en Outeiro de Rei. A viaxe de ida fíxose longa, tardábanos chegar, a de volta levouse mellor, pois moitos e moitas de nós quedamos durmidos. Xosé Ramón ensinounos as súas obras de arte, un mundo de fantasía cheo de formigas astronautas e outros seres fantásticos. Tamén vimos vacas e desfrutamos da comida e o xogo ao aire libre. Foi xenial! Agora toca pensar na seguinte...

Grazas Xosé Ramón!

lunes, 27 de mayo de 2019

Parabéns Hugo!

Seguimos con outra celebración, esta vez tocoulle a Hugo. Aínda que o día foi onte, e como non había escola, a clase dos azuis celebrámolo hoxe. Benvido aos 4 anos parrulo.
FELICIDADES HUGO

viernes, 24 de mayo de 2019

Parabéns Thais!

Hoxe estivemos de celebración, a nosa amiga Thais cumpriu 4 anos! Soprou as candeas, cantamos, bailamos, brincamos,... e como non, comimos tarta. Boísima Thais, moitas grazas!

Felicidades THAIS!

lunes, 13 de mayo de 2019

Sorpresas de venres!

O pasado venres estivo cargado de emoción, comezamos o día cun taller sobre o homenaxeado Nestlé ano nas letras galegas, Antonio Fraguas Fraguas, e concretamente sobre “O globo de Marruán”, historia sobre unha festa celebrada hai moitos anos no noso concello. Disfrutamos da representación da mesma e creamos os nosos propios globos.

Pola tarde seguimos coas sorpresas, esta vez da man das nosas mestras que nos trouxeron un formigueiro artificial para que coñezamos como funciona unha colonia de formigas. Quedamos sorprendidos da diferencia de tamaño que ten a raíña coas súas o o obreiras.



martes, 7 de mayo de 2019

Cores divertidas!

Seguimos traballando, aprendendo e, sobre todo, disfrutando coa mesa de luz. Esta vez experimentamos cuns rotus que nos trouxo a profe Luci, que nos permiten pintar directamente sobre a mesa. O resultado foi, canto menos, colorido.

Grazas profe Luci!

“Ramiña a ramiña”

Unha vez máis a colaboración das familias estanos axudando a crear un fermoso recanto sobre o noso proxecto. Moitas grazas a todos e a todas, isto vai collendo forma. Toca disfrutar da natureza!

jueves, 2 de mayo de 2019

Robótica

Hoxe pola tarde tivemos a visita dos nenos e nenas de 4º de primaria, que na súa clase de robótica viñeron a ensinarnos a xogar cos “Escornabots” e os “Beebots”. Ademais aprendimos moito sobre os animais, os números, os instrumentos e o material escolar; foi xenial!



GRAZAS NENOS E NENAS DE 4 E GRAZAS Á PROFE CINTIA!