jueves, 28 de febrero de 2019

Parabéns parrulos!

Ummmm que mellor forma de coller forzas para o desfile de mañá que cun rico biscoito? Pois con dous, hoxe celebramos o cumple de Sergio e Ana, parabéns parrulos, cada vez somos máis no grupo dos 4 anos.

viernes, 22 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO

Rosalía De Castro, poetisa e novelista galega que loitou pola nosa cultura e defendeu a nosa fala, unha muller que merece a nosa admiración e á cal lle adicamos hoxe numerosas actividades.
Decoramos os corredores coa súa imaxe durante todo o día, e pola tarde visualizamos un vídeo no que participamos, dun xeito ou outro, todos os alumnos e alumnas do centro. Ademais, tres compañeiras da escola mostráronnos unha fermosa performance que elas mesmas prepararon.



miércoles, 20 de febrero de 2019

Xa cheira a entroido!

Estamos inmersos nunha fermosa tarefa, os disfraces de Entroido  están en proceso, onte os nenos e nenas pintaban os seus gorros, e hoxe foi o turno dos maiores, moitas GRAZAS unha vez máis familias.







lunes, 18 de febrero de 2019

Fermosa sorpresa!

Que sorpresa máis marabillosa tiñamos hoxe ao chegar á escola, o carteiro deixara unha carta para nós, dende onde viña? Pois dende Valencia, os nosos amigos de Rafelbunyol querían felicitarnos o San Valentín, e así o fixeron, cunhas tarxetas preciosas...







                                         
           

                        

                                       GRAZAS CLASE DAS VACAS!




jueves, 14 de febrero de 2019

Día dos Namorados!

O amor é quererse, amarse e respectarse, e iso sábeno moi ben os nenos e nenas de 3 anos, que con ilusión nos contaron a morea de persoas polas que senten un grande cariño.
Na escola quixemos celebralo tamén, decoramos a nosa árbore con tarxetas en forma de corazón, a quen van dirixidas?Teremos que esperar uns días para sabelo...
Ademais tivemos a visita do Monstro das Cores, como non, engalanado de rosa como a ocasión merecía, é con moitas ganas de apertas.
 


viernes, 1 de febrero de 2019

O INVERNO!

Hoxe desfrutamos do inverno, saímos a sentir os seus efectos, a choiva , o frío, as cores do entorno,... Ao voltar á aula falamos de todo isto e decidimos que cores empregar para representar esta estación. Xurdiron ideas marabillosas e o resultado foi, canto menos, orixinal.