jueves, 28 de marzo de 2019

A POLO TERCEIRO TRIMESTRE!

Hoxe remata o segundo trimestre, e quixemos despedido dunha forma especial, levamos a cabo unha actividade cos compañeiros e compañeiras da clase dos verdes e dos vermellos, unha “Sesión de Cine” coas nosas entradas particulares e a nosa ración de palomitas, ummmm....o centro enteiro cheiraba a millo.



O luns espéranos con novas aventuras e retos. Boa fin de semana!

viernes, 22 de marzo de 2019

As Chaves do soños.

Bo tempo, un libro marabilloso e un entorno idílico fixeron  deste venres un súper venres. Pechamos a “Semana Escolar da árbore e a agua” coa lectura do conto “As Chaves dos soños” á sombra dunha árbore no noso fermoso patio, e sabedes que? Conseguimos a nosa... Din que todos temos unha persona alá arriba que encende unha estrela para nós, toca comezar a soñar...
“Non hai nada máis máxico que todo o que sucede dentro dun soñó. A túa estrela comeza a brillar...”




jueves, 21 de marzo de 2019

“Día Mundial da Poesía”

“A poesía é o eco da melodía do universo no corazón dos humanos”.
Hoxe pintamos o mundo de cores, aprendemos un poema de “Poemas con piruleta” e realizamos esta fermosa actividade por equipos, cooperar é aprender.







viernes, 15 de marzo de 2019

Ata logo Catuxa!

Que sorpresa tiñamos ao chegar á aula esta mañá, unha caixa misteriosa apareceu no chan.
Estaba chea de regaliños, os nosos carnets de investigadores do proxecto dos “Seres Mitolóxicos”, os diplomas de certificación dun traballo ben feito,...
Pero o que máis nos gustou  foi a carta que acompañaba eses agasallos, Catuxa era á artífice desa caixa e do seu contido. Dentro explicábanos que a viaxe chegaba ao seu fin, despois das aventuras vividas despídese de nós, non é un adeus, recórdanos que en calquera momento pode volver pola escola facer das súas trasnadas. Tamén nos deixa un boneco dela mesma,  e que a propia Catuxa fabricou para nós, pois como sabedes, os trasnos téñenlle medo aos nenos e nenas e non se atreveu a visitarnos.

Moitas grazas Catuxa!


jueves, 7 de marzo de 2019

Parabéns Álex

Voltamos do Entroido e seguimos de celebración, esta vez é o noso amigo Álex o que se pasa ao lado dos 4 anos. Para festexalo invitounos a uns ricos biscoitos con forma de tractor, daba pena cortalos.




Moitas felicidades Álex!

viernes, 1 de marzo de 2019

Rosalía viaxa a Rafelbunyol!

Trala fermosa sorpresa recibida no día dos namorados dende Valencia, decidimos responder enviando un pequeno agasallo de  agradecemento. Aproveitando que estábamos traballando e aprende ndo cousiñas sobre Rosalía De Castro, elaboramos estes marcapáxinas, que parten con moito agarimo rumbo a Rafelbunyol, para os nosos amigos e amigas da clase das vacas.
BOA VIAXE!

Viva o Entroido!

As rúas de Viveiro ateigaronse de meniños  e meniñas que coidan do entorno. Dende o cole de Galdo reivindicamos a importancia de coidar  o Medio Ambiente, esquecémonos do plástico para a elaboración dos nosos disfraces e lucimos así de fermosos e fermosas. Os nosos pequenos e pequenas de infantil vestíronse de cogumelos e danzamos ao redor das árbores.
Ademáis ao voltar á escola merendamos unha chea de doces de Entroido...ummm.