miércoles, 30 de enero de 2019

Día da Paz

Hoxe no cole celebramos o Día Esolar da non violencia e a Paz, e para iso levamos traballando dende  fai días para elaborar unha fermosa árbore da paz, en torno á cal creamos unha marabillosa actividade na que estades invitados a participar. Trátase de escribir unha mensaxe de PAZ nunha folliña que se vos facilita ao lado de dita árbore, e intercambiala por unha pulseira que os nosos alumnos realizaron con agarimo; nós xa temos as nosas.

“A Paz comeza  por un sorriso”.


jueves, 24 de enero de 2019

Parabéns Lucas !

Hoxe estivo de cumple Lucas, 4 anos, e celebrámolo por todo o alto, cancións, baile, coroa, globos,... e como non, biscoito que trouxo da súa casa para todos nós, boísimo!
FELICIDADES!




lunes, 21 de enero de 2019

Parabéns Aidan!

Hoxe o noso compañeiro Aidan estivo de aniversario, e invitounos a merendar un rico biscoito, e ademáis regalounos unha deliciosa galleta ummm...
MOI FELICES 4 ANOS AIDAN!

miércoles, 16 de enero de 2019

Mesa de Luz

Levamos unha semana chea de cambios e novos descubrimentos. Hoxe tocounos explorar coa mesa de luz, pasámolo xenial, sen dúbida quedáronnos ganas de máis.

   

viernes, 11 de enero de 2019

Parabéns Guille

Seguimos de celebración, esta vez tocoulle a Guille que cumple 4 anos, e para celebralo fixo coa súa familia este biscoito tan rico. Non quedou nin a cola. Ummm....

                                                                      FELICIDADES!!!!

Parabéns

Comezamos  trimestre con celebracións, durante as vacacións de Nadal dous dos nosos compañeiros cumpliron 3 anos e outra 4, e como non, as súas familias invitáronnos a merendar  un rico biscoito con chocolate, ummm, estaba boísimo.

                                                        Parabéns compañeir@s!!