jueves, 20 de diciembre de 2018

BO NADAL!

Esta última semana non damos feito, cada día unha actividade diferente, “Pakolas”, concerto do coro de Ceip Fondo Nois, visita do Apalpador, as mensaxeiras navideñas da Anpa e mañá aínda nos queda o festival... pero QUE BEN O PASAMOS!
Por otro lado, o trimestre chega ao seu fin, e toca facer balance... Foron uns meses moi intensos, comezamos  con choros, medos e inseguridades, pero pouco a pouco fixémonos un equipo de pequenos  soñadores que non paramos de descubrir, imaxinar, xogar, aprender e sobre todo desfrutar. Agora tócanos gozar das merecidas vacacións, e dexexarvos a todos...
BO NADAL!

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Mercado Solidario

Dende o cole queremos colaborar con esta fermosa  iniciativa de DOMUS VI a favor da Cruz Vermella, e esta é a aportación que os azuis facemos dende a nosa aula.
Animámosvos a achegarvos a este mercadiño e colaborar con causa e de paso disfrutar das obras de arte que dende os diferentes centros se fixeron. 


“Procurando o Ben dos nosos semellantes atopamos o noso”

martes, 11 de diciembre de 2018

AMIGOS DE RAFELBUNYOL

Boa tarde familias! Hoxe foi un día moi especial para nós, recibimos un esperado sobre dende Valencia (Rafelbunyol). Viña cargado de postais e trasnos fermosísimos que os nosos amig@s nos enviaban con moito cariño, ademáis, recibimos informes de que as nosas Catuxas tamén chegaran ao seu destino, que ledicia!


GRAZAS Clase das Vacas!

lunes, 3 de diciembre de 2018

Saída das postais!

Hoxe tivemos visita no cole, e que visita! O carteiro veu buscar as postais que fixemos para enviarlle aos nenos e nenas de Rafelbunyol (Valencia). Contounos como chegaban as cartas, cómo viaxaban,... Resultou unha charla moi interesante.
 Ademais a carteira era da familia! Encántanos que colaboredes con nós.
Agora so queda esperar a que cheguen ao seu destino, e se temos sorte recibiremos resposta.



MOITAS GRAZAS AVOA MARISA!!