viernes, 26 de abril de 2019

PEQUENA ESTRELA!

Menudo remate de semana! Ao chegar á aula unha nova caixa estaba agardando por nós. Quen a mandou? Que contiña? Todo eran incógnitas, e ao abrila despexamos unha delas, dentro atopamos un boneco e un libro. Algún de nós pensaba que era unha araña, outras saltamontes, e incluso hubo quen pensou que se trataba dunha tartaruga... menos mal que o conto de “Galletas con sabor a mermelada de amorodo” nos sacou de dúbidas, era unha formiga.
Como non tiña nome, entre todos decidimos chamarlle Estrela.
                    


                     

Esta sorpresa deunos moitas ganas de aprender máis cousas sobre as formigas!!!
COMEZA A AVENTURA...







jueves, 25 de abril de 2019

PARABÉNS ANDREA!

Hoxe celebramos o cumple da nosa amiga Andrea, que se suma ao barco dos nenos e nenas que xa teñen catro anos. E como non, invitounos a merendar cun rico biscoito de dous pisos que fixo coa súa nai, ummm boísimo!!!






                                               MOITAS FELICIDADES ANDREA!

viernes, 12 de abril de 2019

Boas vacacións!

E que mellor forma de recibir estas merecidas vacacións, que da man deste conto tan fermoso “Vivan las uñas de colores”. Esta vez acompañáronnos tamén os nenos e nenas de primeiro na lectura do conto e a posterior festa das cores, nas que todos e todas aquelas que quixemos pintamos as nosas uñas e disfrutamos no noso patio. Agora toca repoñer forzas para a recta final...





MOI FELICES VACACIÓNS A TOD@S!

miércoles, 10 de abril de 2019

Aviso!

Bo día familias, o pasado luns voltaron para a casa os libros que tiñamos na aula. A idea é que fagades unha nova aportación, a última deste curso.

Un saúdo e moitas grazas.

martes, 2 de abril de 2019

PSICOMOTRICIDADE

Hoxe, como cada martes, baixamos ao ximnasio a facer psicomotricidade, e realizamos unha sesión con globos, que xunto co noso corpo se converteron nas ferramentas idóneas para aprender máis sobre o esquema corporal ao mesmo tempo que nos divertimos.



E ao rematar a clase... pois explotamos os globos dun xeito especial!

lunes, 1 de abril de 2019

MOITAS GRAZAS!

Xa comezan a voltar para as vosas casas o material que tiñamos na aula sobre os seres mitolóxicos, ao Longoria da semana enviarémolo todo. Unha vez máis milleiros de grazas familias, cóstanos despedirnos de cousas tan fermosas e elaboradas pero é hora de pensar na seguinte aventura, de que se tratará?