viernes, 15 de marzo de 2019

Ata logo Catuxa!

Que sorpresa tiñamos ao chegar á aula esta mañá, unha caixa misteriosa apareceu no chan.
Estaba chea de regaliños, os nosos carnets de investigadores do proxecto dos “Seres Mitolóxicos”, os diplomas de certificación dun traballo ben feito,...
Pero o que máis nos gustou  foi a carta que acompañaba eses agasallos, Catuxa era á artífice desa caixa e do seu contido. Dentro explicábanos que a viaxe chegaba ao seu fin, despois das aventuras vividas despídese de nós, non é un adeus, recórdanos que en calquera momento pode volver pola escola facer das súas trasnadas. Tamén nos deixa un boneco dela mesma,  e que a propia Catuxa fabricou para nós, pois como sabedes, os trasnos téñenlle medo aos nenos e nenas e non se atreveu a visitarnos.

Moitas grazas Catuxa!


No hay comentarios:

Publicar un comentario