martes, 28 de mayo de 2019

FERMOSO DÍA!

Hoxe saímos de excursión, a primeira saída da clase dos azuis. Que ben o pasamose! Visitamos “ Vida de Aldea” en Outeiro de Rei. A viaxe de ida fíxose longa, tardábanos chegar, a de volta levouse mellor, pois moitos e moitas de nós quedamos durmidos. Xosé Ramón ensinounos as súas obras de arte, un mundo de fantasía cheo de formigas astronautas e outros seres fantásticos. Tamén vimos vacas e desfrutamos da comida e o xogo ao aire libre. Foi xenial! Agora toca pensar na seguinte...

Grazas Xosé Ramón!

No hay comentarios:

Publicar un comentario