lunes, 13 de mayo de 2019

Sorpresas de venres!

O pasado venres estivo cargado de emoción, comezamos o día cun taller sobre o homenaxeado Nestlé ano nas letras galegas, Antonio Fraguas Fraguas, e concretamente sobre “O globo de Marruán”, historia sobre unha festa celebrada hai moitos anos no noso concello. Disfrutamos da representación da mesma e creamos os nosos propios globos.

Pola tarde seguimos coas sorpresas, esta vez da man das nosas mestras que nos trouxeron un formigueiro artificial para que coñezamos como funciona unha colonia de formigas. Quedamos sorprendidos da diferencia de tamaño que ten a raíña coas súas o o obreiras.



No hay comentarios:

Publicar un comentario